Inicio > ¿Quen somos?
somos

A empresa

No 2009, adiante ventures nace pola necesidade de ter un marco empresarial para dar renda solta á creatividade dos seus fundadores. En adiante ventures miramos cara adiante; por iso adiante, e ventures que ven do inglés e significa empresa e aventura, porque somos aventureiros.

Somos xoves e inda que vimos de mundos diferentes, coma a banca, a consultoría tecnolóxica ou o deseño de experiencia de usuario, a todos nos encanta divertirnos innnovando no que facemos e buscando a excelencia profesional.

O equipo

Juan Manuel Merlos merlos

Socio fundador

Juan Manuel Merlos

Neste reto aporto os meus coñecementos en experiencia de usuario, usabilidade e deseño de interfaces. Unha das máximas dos nosos proxectos é que sexan simples, fáciles de usar e bonitos.

Son de Albacete, estudiei Enxeñería de Telecomunicacións en Vigo e máis tarde un postgrao en Tecnoloxías Web na Universidade de Castilla-La Mancha. Traballei coma Consultor de Experiencia de Usuario Móbil para Movistar e fun xefe de Proxectos de Mobilidade para BBVA.

Xa no 98 comecei os meus primeiros pasos no mundo web coa miña páxina persoal ¡Que tempos! Vía claro que Internet ía cambialo todo e agora estamos no momento no que os servizos para móbiles son o seguinte paso.

"A Terra non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos" - Proverbio indio

Alexandre Pedrosa álex

Socio fundador

Alexandre Pedrosa

Neste reto aporto o coñecemento en distintas tecnoloxías, a experiencia no mundo da consultoría e o meu sentido do humor.

Sempre me gustou o mundo da tecnoloxía. Xa cando era máis novo pasaba o tempo co scatron ou quitándolle as tripas a algún coche teledirixido, e máis tarde trasteando cun ordenador. No instituto clasifiqueime para a Olimpiada Nacional de Física (a miña vea friki comezou pronto) e despois estudiei Enxeñería de Telecomunicacións en Vigo. Ó terminar estiven traballando en varios proxectos de I+D na Universidade e realizando os cursos de doctorado. Despois adentreime no mundo da consultoría software en Indra, onde tiven a ocasión de participar en varios proxectos de gran tamaño en clientes coma a Xunta, Gas Natural ou Inditex.

"Dalle a alguén un peixe e daraslle de comer un día; ensínalle a pescar e daraslle de comer tódo-los días" - Proverbio chino.

Eduardo Sanín edu

Socio fundador

Eduardo Sanín

Neste reto aporto a visión financieira e contable, aspectos de negocio dentro de cada proxecto, o meu optimismo desbocado e, ás veces, o meu Samsung Galaxy S.

Son pontevedrés, estudiei E3 en Icade. Realicei prácticas (cando estudiaba 6to de carreira) en IG Expansión, onde tiven a oportunidade de participar en varios proxectos internacionais. Unha vez rematei os meus estudos, entrei en Ernst & Young no departamento de Riscos Financieiros. Tras tres ano na consultoría, pasei ó Área de Riscos coma Analista Subdirector no Grupo Santander.

Internet é un mundo interesantísimo e cheo de posibilidades para desenvolver proxectos innovadores como este que comeza; adiante ventures permíteme, aparte de traballar con dous grandes amigos, entrar de cheo neste mundo que me apaixona, así coma dar os meus primeiros pasos no ámbito empresarial.

"Anything may be betrayed, anyone may be forgiven. But not those who lack the courage of their own greatness" - Ayn Rand, The Fountainhead.

Colaboradores

Ademáis do equipo fundador, contamos con grandes profesionais coma colaboradores:

E a ti, ¿gustaríate formar parte desta aventura? Únete ó noso equipo