Inicio > ¿Que facemos? > Colaboración con arosaleira

Colaboración con arosaleira

Nestre proxecto, adiante ventures traballa coma proveedor do deseño e desenvolvemento para Conservas A Rosaleira, unha empresa do grupo Terras Gauda, unha das bodegas máis importantes de Galicia, que exporta productos a máis de 40 países.

A Rosaleira desexaba mellorar a interacción cos seus clientes de forma que puideran acceder a través dos seus móbiles a unha información máis detallada sobre os seus productos.

Adiante ventures deseñou un xerador de códigos bidimensionais (QR) para insertar eses códigos nos envases dos productos. Deste xeito, o consumidor le o código co seu smartphone e accede a información adicional, receitas e vídeos do producto.

Para completar o servizo, adiante ventures desenvolveu un xestor de contidos web que permite a Conservas A Rosaleira introducir novos productos e actualizar a información

O sistema implantado por adiante ventures é multiplataforma (iPhone, android, Blackberry) e multiidioma.